CCOO del Hábitat | 25 abril 2024.

Despedimentos no persoal de Limpeza Viaria de Santiago para condicionar a negociación do novo Convenio

    O comité empresa reclama a readmisión dos traballadores despedidos “sen motivo”, entendendo este feito como unha represalia de contrátaa Urbaser contra as reivindicacións da parte social para o novo Convenio

    19/05/2022.
    Despedimentos no persoal de Limpeza Viaria de Santiago para condicionar a negociación do novo Convenio

    Despedimentos no persoal de Limpeza Viaria de Santiago para condicionar a negociación do novo Convenio

    O persoal de Limpeza Viaria de Santiago mobilízase para reclamar a readmisión dos traballadores despedidos, por non existir motivo algún para os mesmos, e na que hai unha clara coincidencia entre os despedimentos e o inicio da negociación do novo convenio de empresa, onde Urbaser xa manifestou o seu rexeitamento á plataforma sindical.

    O comité, conformado por CCOO do Hábitat de Galicia e CIG, considera este feito unha represalia #ante a nova negociación do convenio.

    Durante a semana pasada, desde o comité de empresa levaron estas reivindicacións ao Concello de Santiago, onde ademais denunciáronse os incumprimentos dos acordos da concesionaria para a renovación do persoal eventual, así como o despedimento de dous traballadores que levaban catro anos contratados.

    Ao longo dos próximos días o comité de empresa anunciará novas mobilizacións coa finalidade de paralizar este comportamento fustigador da Dirección da Empresa cara ao Persoal, entre as que non se descarta a convocatoria de Folga si non se atende a razóns.

    Enlaces relacionados
    Enlaces relacionados