CCOO del Hábitat | 29 marzo 2024.

CCOO do Hábitat de Galicia paraliza os Pregos do SAF de Vilardevós por non recoller a subida do 6,5% para o 2022

    Luís Rodas, secretario de Acción Sindical, cualifica de “Alarmante” o descoñecemento que teñen as Administracións Locais da Realidade Laboral das Auxiliares de Axuda no Fogar

    07/05/2022.
    CCOO do Hábitat de Galicia paraliza os Pregos do SAF de Vilardevós por non recoller a subida do 6,5% para o 2022

    CCOO do Hábitat de Galicia paraliza os Pregos do SAF de Vilardevós por non recoller a subida do 6,5% para o 2022

    CCOO do Hábitat de Galicia interpuxo Recurso Administrativo ante o TACGAL (Tribunal Administrativo de Contratación de Galicia) contra o Concello de Vilardevós debido a elaboración dos Pregos Administrativos para o Servizo de Axuda no Fogar onde non se reflicten as actualizacións dos salarios para o 2022, os cales teñen un incremento do 6,5% grazas á sentenza gañada polo sindicato #ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) do 2013, pola que preto de 10.000 traballadoras do Sector de Atención Domiciliaria de Galicia xa se beneficiaron dun incremento total do 16,8% desde o 2012.

    O Concello de Vilardevós convocou a licitación do contrato para o Servizo de Axuda no Fogar, cun valor estimado declarado de 743.604,30 euros, o día 8 de abril de 2022. Pero viuse no deber de Remitir ao Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia, o expediente de licitación en relación co Recurso Especial en Materia de Contratación interposto pola representación do Sindicato Nacional de Galicia de CCOO.

    A Resolución do Tribunal Administrativo de Contratación Pública, determina que ás irregularidades na conformación do orzamento da licitación expostas no recurso, explica e verifican que os cálculos do órgano de contratación non se axustan ás vixentes táboas salariais do convenio colectivo de aplicación, así como a ausencia doutros custos que poderían ser aplicables, sen que polo órgano de contratación fágase consideración de ningún tipo.

    Con esta resolución do TACGAL unha vez máis, CCOO do Hábitat de Galicia como primeira forza sindical no sector, segue xustificando con feitos o “Plan de Traballo Aplicado na Contratación Pública”, na súa aposta por defender as condicións laborais das traballadoras da Axuda no Fogar desde a orixe do problema.

    Luís Rodas, secretario de Acción Sindical da Federación de Hábitat de Galicia, volve lembrar que non fai moito eran escasos os servizos que subían dos 14 euros/hora, pero hoxe, e grazas á constante beligerancia do traballo de CCOO, está a cambiarse a tendencia e xa moitos concellos están a sacar pregos por encima dos 19 euros/hora, algo que sen ser óptimo, si permite cumprir as condición mínimas legais establecidas no convenio para as traballadoras e os traballadores que prestan servizos nos diferentes SAF de Galicia.

    Así pois, Luís Rodas manifesta a importancia do traballo de seguimento de control dos concursos públicos, onde o traballo de impugnacións dos mesmos, dan como resultado que nun 80% dos casos o Tribunal de Contratación Pública dea a razón á Federación, obrigando a refacer pregos e recoller os prezos reais do custo laboral.