CCOO del Hábitat | 19 abril 2024.

Servizos mínimos abusivos ante a convocatoria de folga indefinida en Eourense-UTE

    Así o considera CCOO do Hábitat de Galicia, pertencente ao comité de folga, que mantivo onte unha reunión coa empresa de Limpeza Viaria e RSU do Concello de Ourense sen chegar a ningún acordo no establecemento dos servizos mínimos

    30/11/2021.
    Rolda de prensa do comité de folga Eourense-UTE sobre os servizos mínimos

    Rolda de prensa do comité de folga Eourense-UTE sobre os servizos mínimos

    Durante a mañá de onte, o comité de folga reuniuse coa empresa de Limpeza Viaria e Residuos Sólidos Urbanos ( RSU) do Concello de Ourense para tentar chegar a un acordo para establecer os servizos mínimos durante a folga indefinida convocada pola maioría do comité de empresa, coa excepción do Sindicato de Traballadores de Limpeza ( STL).

    Durante a reunión a empresa presentou unha proposta de servizos mínimos do 100% do Persoal, motivo máis que suficiente como para que o comité de folga non puidese chegar a acordo algún con Contrátaa Ecourense-UTE.

    Desde o comité de folga advirten ao concello que de aceptar esta proposta abusiva de servizos mínimos non terán outra opción que proceder á impugnación dos mesmos, e serán estériles todos os intentos de boicot que se queiran facer sobre esta convocatoria de folga indefinida na que o comité e os traballadores e traballadoras do servizo da Limpeza Viaria e RSU, fóra de STL, están decididos a loitar pola defensa dos seus dereitos nun sector esencial como xa recoñece a propia empresa na firma da acta da reunión co comité de folga.

    A continuación o comité de empresa celebrou unha rolda de prensa #ante os medios na que manifestaron o ocorrido na reunión coa empresa, e anticiparon que si antes do día 9 de decembro non hai acordo, a partir das 00:05 horas comezará a folga indefinida.

    Cabe lembrar que os motivos da convocatoria desta folga vén motivada pola negativa da empresa para sentar a negociar as propostas da plataforma social trasladadas hai máis de 18 meses, unha plataforma que a parte social considera máis que xusta nun sector esencial que está a se rexer por un convenio cuxa vixencia terminou no ano 2019.