CCOO del Hábitat | 28 marzo 2024.

Medidas cautelares na licitación do SAF de Padrón

    O Tribunal de Contratación Pública de Galicia (TACGal) atende as medidas cautelares solicitadas por CCOO do Hábitat de Galicia na licitación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) de Padrón, tras presentar o sindicato un recurso en que detalla distintas deficiencias nos pregos do concurso

    19/11/2021.
    Medidas cautelares na licitación do SAF de Padrón

    Medidas cautelares na licitación do SAF de Padrón

    O organismo público ha acordado por unanimidade suspender a contratación do servizo de SAF, en atención ás deficiencias enumeradas polo sindicato, aínda que permite que se poidan presentar ofertas.

    Entre os defectos detallados por CCOO do Hábitat de Galicia destaca unha diferenza de case dez mil horas anuais entre o que recollen os pregos e o servizo que se está prestando na actualidade, que supera as 36.000. O sindicato alerta de que isto tamén ten repercusións económicas que non prevé a licitación nos termos en que está redactada.

    Do mesmo xeito que ocorreu noutras licitacións similares, CCOO o Hábitat de Galicia advirte de que os pregos de Padrón non prevén unha partida orzamentaria detallada sobre os equipos de protección individual (EPI) necesarios, limitándose a unha previsión global. Novamente, isto tamén ten un impacto económico.

    Outra das principais deficiencias detectadas por CCOO do Hábitat de Galicia é o non recoñecemento do crédito sindical necesario para a representación legal do persoal. Actualmente hai cinco delegadas que teñen recoñecidas, en conxunto, 1.680 horas anuais para realizar exclusivamente tarefas sindicais.

    Segundo CCOO do Hábitat de Galicia a falta de concreción ou previsión dos distintos aspectos recolleitos no prego provocan un desaxuste de máis de 230.000 euros por cada ano de prestación do servizo, o que obrigaría á empresa adxudicataria a incumprir os seus deberes co persoal ou ben renunciar a obter beneficios.