CCOO del Hábitat | 25 abril 2024.

Folga indefinida en ECOURENSE-UTE, empresa de Limpeza Viaria e RSU do Concello de Ourense

    O Comité de Empresa decide por maioría convocar folga indefinida na Limpeza Viaria e RSU do Concello de Ourense ante a negativa da empresa para sentar a negociar coa parte social

    19/11/2021.
    Folga indefinida en ECOURENSE-UTE, empresa de Limpeza Viaria e RSU do Concello de Ourense

    Folga indefinida en ECOURENSE-UTE, empresa de Limpeza Viaria e RSU do Concello de Ourense

    O próximo día 9 de decembro, a partir das 00:05 horas, os traballadores e traballadoras da Empresa ECOURENSE-UTE, actual contrata do servizo de Limpeza Viaria e RSU do Concello de Ourense, irá a Folga Indefinida, apoiada por CCOO do Hábitat de Galicia e a maioría do comité de empresa, co obxectivo de desbloquear a negociación colectiva ante a negativa da Empresa para dialogar, faltando a boa fe que deben mostrar as partes durante unha negociación.

    O comité non comprende a falta de dialogo e resposta por parte da empresa #ante as propostas da plataforma social trasladadas hai máis de 18 meses. Este feito só pode considerarse como unha ofensa e falta de respecto ao labor desempeñado polos traballadores e traballadoras do centro de traballo durante todo este tempo, no que ademais sufriron o traballar no medio da maior crise sanitaria mundial dos últimos 75 anos.

    Condicións Dignas e Xustas

    A continuación, detállanse as reivindicacións presentadas na plataforma de negociación colectiva motivo de disputa pola Empresa: Incremento para 2020 dun 2%, para 2021 dun 0,9% e para o 2022 IPC real do 2021. Abono da antigüidade de 26€ igual para todas as categorías e cumprimento dos descansos semanais, con xornada de luns a venres e contratación de persoal para fins de semana e festivos.