CCOO del Hábitat | 25 abril 2024.

Traballadoras de Limpezas Yaunde protestan en Pontevedra pola falta de pagamento das súas nóminas

    CCOO do Hábitat de Galicia continúa coas mobilizacións en defensa das traballadoras de Yaunde, que desempeñan o seu traballo nas dependencias das oficinas de Tráfico da Garda Civil, que salen de novo á rúas para esixir o abono dos seus salarios

    12/11/2021.
    Traballadoras de Limpezas Yaunde protestan en Pontevedra pola falta de pagamento das súas nóminas

    Traballadoras de Limpezas Yaunde protestan en Pontevedra pola falta de pagamento das súas nóminas

    Durante a mañá do día de hoxe CCOO do Hábitat de Galicia e as traballadoras de Limpeza de Yaunde S.L., que prestan os seus servizos de limpeza nas oficinas de Tráfico da Garda Civil, volveron a concentrarse diante da Subdelegación do Goberno en Pontevedra pola falta de pagamento das súas nóminas.

    Nos próximos días programarase unha asemblea dos persoais para acordar outras medidas de presión que fagan recapacitar a Administración sobre o papel que ten que desempeñar para solucionar este conflito, dado que os graves incumprimentos da actual concesionaria son motivos xustificados como para rescindir o actual contrato de adxudicación, e reter o aval e os pagos pendentes a Yaunde como Garantía para poder facer fronte os salarios pendentes de cobranza das traballadoras nos respectivos Centros.

    Para CCOO do Hábitat de Galicia esta sería a solución máis áxil para resolver o principal problema de falta de pagamento de salarios coa actual empresa (Yaunde), e a continuación buscar unha nova empresa que de maneira temporal poida asumir a prestación do servizo ata publicar unha nova licitación e adxudicar o servizo a unha empresa con garantías de viabilidade, para cumprir coas obrigacións retributivas segundo o convenio de aplicación.

    As traballadoras, a pesar de estar a pasar unha etapa difícil no campo persoal e laboral, agradecen o arroupe que CCOO do Hábitat de Galicia está a manter en cada unha das mobilizacións, e nas que se van a levar a cabo en todas provincias afectadas polos incumprimentos de Yaunde nos seus centros de traballo.