CCOO del Hábitat | 29 marzo 2024.

O sector da Construción da Coruña podería quedar sen o calendario laboral asinado

    CCOO do Hábitat de Galicia e UXT contestan con contundencia á "ameaza" da CIG de deixar sen o calendario laboral, que garante 25 días adicionais de descanso ao sector de construción da Coruña, e que ambas as centrais sindicais asinaron xunto Apecco

    12/11/2021.
    O sector da Construción da Coruña podería quedar sen o calendario laboral asinado

    O sector da Construción da Coruña podería quedar sen o calendario laboral asinado

    As dúas centrais sindicais declaran que se están asinando os calendarios laborais sectoriais de maneira pacífica e consensuada como paritaria en todas as provincias e sectores, e móstranse sorprendidos polos diferentes criterios da CIG segundo provincia e sector.

    Alejandra Xesto, secretaria xeral de CCOO do Hábitat de Galicia e Jairo Ares como secretario xeral de UXT Queda Coruña e Cee recibiron, xunto con Apecco, unha comunicación "ameazante" na que se indica que se podería deixar ao sector sen calendario laboral.

    "Debemos dotar o sector da construción de seguridade xurídica, sorprende que despois da análise compartida, sobre que o descanso é fundamental para a prevención de accidentes laborais, a CIG mostre esta miopía sindical na Coruña".

    Desde CCOO do Hábitat de Galicia e UXT non se entende a dobre moral da CIG que condena ao sector de pintura da Coruña a unha xornada moi superior á da construción, e firma en solitario o calendario 2022.

    CCOO do Hábitat de Galicia e UXT manteñen a maioría sindical no sector da construción, e deixando de lado as súas diferenzas están a poñer en marcha proxectos moi importantes neste sector, impulsando a formación, a igualdade e a calidade de condicións de traballo e concretando plans para a incorporación de mozas e mulleres nun sector que está a demandar 12.000 empregos en toda España.