CCOO del Hábitat | 20 abril 2024.

Lamentables condicións do servizo de RSU e Limpeza Viaria de Santiago

    O servizo de Limpeza Viaria e recollida de Residuos Sólidos Urbanos ( RSU) de Santiago leva ao Pleno do concello o seu malestar pola actual situación de desidia na prestación do servizo, responsabilizando tanto a contrátaa como ao propio concello

    11/11/2021.
    Lamentables condicións do servizo de RSU e Limpeza Viaria de Santiago

    Lamentables condicións do servizo de RSU e Limpeza Viaria de Santiago

    O comité de empresa de Urbaser Santiago, actual contrata do servizo de Limpeza Viaria e RSU de Santiago de Compostela, mantivo no día de onte unha reunión cos grupos municipais do BNG e de Compostela Aberta para tratar o malestar do propio comité e do Persoal #ante as condicións nas que ven obrigados a desempeñar o seu traballo, moitas veces mesmo con importantes riscos contra a súa propia seguridade e saúde.

    Despois de 16 anos cun contrato do servizo da recollida de lixo e de limpeza viaria do concello de Santiago, o comité de empresa denuncia o mal estado da pouca maquinaria que queda en uso e a constante falta de persoal que hai a día de hoxe para garantir un óptimo servizo para a cidadanía, deixándose de facer moitos servizos por avarías continuas da maquinaria e por non relevar ao persoal cando está de baixa médica, licenzas ou permisos.

    Doutra banda o comité quere deixar moi claro que as reivindicacións que se están denunciando “non é por negociar as nosas condicións laborais, senón que nestes momentos hai gran preocupación do persoal pola desidia do concello e a propia empresa para garantir o desempeño do traballo nunhas condicións mínimas en materia de seguridade e saúde laboral”

    A falta de maquinaria en boas condicións de mantemento e a falta de persoal, fan que non se poida realizar un servizo en óptimas condicións como a cidadanía merécese, e non se garante a día de hoxe a seguridade do persoal que traballa en Urbaser nin a da cidadanía que circula polas rúas.

    Non se pode estar de acordo coas declaracións realizases polo alcalde cando di que os problemas dos traballadores e as traballadoras do servizo de Limpeza e Recollida teno que solucionar a empresa, xa que calquera problema co servizo afecta directamente a veciñanza, e desde a alcaldía non poden facer omisión da súa deber de velar polo cumprimento das obrigacións contraídas pola actual contrata ( Urbaser).

    O comité destaca que o alcalde non di a verdade cando asegura que non hai recollida de lixo os sábados. O que se fixo na anterior lexislatura foi unha agrupación de servizos e un cambio de xornada (as persoas traballadoras da quenda de noite cambiaron a libranza do sábado pola do domingo e no servizo do sábado recóllese a zona vella e o ensanche) mellorándose o servizo con 3 peóns de varrido.

    O comité de empresa sinala que este mércores, día do 10 de novembro, mantívose unha reunión cos grupos municipais (BNG e Compostela Aberta), pero o grupo de goberno do PP, despois de pedirlle en reiteradas ocasións unha reunión, recibiraos por fin o vindeiro luns 15 de novembro.

    O xoves 25 de novembro, ás 12:00 horas, o comité de empresa celebrará unha asemblea de traballadores e traballadoras na praza do Obradoiro, diante do concello, onde se informará a todo o persoal sobre o resultado destas reunións.