CCOO del Hábitat | 20 abril 2024.

CCOO do Hábitat de Galicia participa na inauguración dos Cursos AFD que se impartirán a través da FLC

    Alejandra Xesto Montes, secretaria xeral de CCOO do Hábitat de Galicia e vicepresidenta da FLC en Galicia, acentúa a necesidade de seguir formándose para combater a secuela da sinistralidade

    09/11/2021.
    Inauguración cursos AFD impartidos pola FLC Galicia 08 de novembro 2021

    Inauguración cursos AFD impartidos pola FLC Galicia 08 de novembro 2021

    Esta xornada celebrada durante a mañá de onte nas instalacións da Fundación Laboral da Construción (FLC) de Pontepedriña de Arriba (O Romaño), en Santiago de Compostela, na que se inauguraban os cursos de AFD (Acción Formativa para persoas Desempregadas), contou coa asistencia da Conselleira de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, Dna. María Jesús Lorenzana Somoza, que estivo acompañada tanto pola vicepresidenta como o presidente da FLC, Diego Vázquez Reino, e onde todas as partes resaltaron a importancia de que as persoas que pasen a formar parte do sector da construción deben ser homes e mulleres debidamente formadas para non repetir erros pasados.

    Formar hoxe e construír con seguridade mañá, con esta frase sintetízase o obxectivo primordial do labor que se está desempeñando desde a FLC no sector da construción. A formación foi, é, e seguirá sendo a base para afastarnos das cifras de siniestrabilidad que ningún sector pódese permitir. Con formación de calidade, medios de calidade, e dereitos laborais de calidade o sector da construción será o motor da economía tanto en Galicia como no resto do Pais.

    CCOO do Hábitat de Galicia ben de asinar recentemente calendarios laborais que garanten 25 días de descanso adicionais ás vacacións, iso non se ve en todos os sectores, debemos escribir un novo relato neste sector, baseado na calidade da man de obra, na calidade de medios, na calidade das empresas e dos dereitos dos persoais.

    Enlaces relacionados
    Enlaces relacionados