CCOO del Hábitat | 28 marzo 2024.

CCOO do Hábitat de Galicia mobilízase na defensa das traballadoras de Yaunde que limpan as oficinas da DGT

    A federación ten interpostas denuncias ante a Inspección de Traballo e concentrouse en Pontevedra diante da Subdelegación de Goberno para que a Administración solucione o problema de falta de pagamentos que padecen as traballadoras

    30/10/2021.
    CCOO do Hábitat de Galicia mobilízase na defensa das traballadoras de Yaunde que limpan as oficinas da DGT

    CCOO do Hábitat de Galicia mobilízase na defensa das traballadoras de Yaunde que limpan as oficinas da DGT

    Durante a mañá de onte, CCOO do Hábitat de Galicia e as traballadoras de Limpeza de Yaunde S.L. concentráronse diante da Subdelegación do Goberno en Pontevedra pola falta de pagamento das nóminas dos últimos meses ás Empregadas desta empresa, que prestan os seus servizos de limpeza nas oficinas de Tráfico da Guardía Civil.

    As traballadoras, que teñen de aplicación o Convenio Colectivo de Limpeza de Oficinas e Despachos das diferentes Provincias onde teñen o seu Centro de Traballo, coa categoría de peonas de limpeza, non cobraron as nóminas de agosto, setembro e probablemente a de outubro. A esta situación tamén hai que sumar os continuos atrasos no abono dos salarios ao longo do ano.

    CCOO do Hábitat de Galicia xa ten interpostas de maneira coordinada varias denuncias ante a Inspección de Traballo para que tome cartas no asunto e que a empresa asuma as consecuencias dos incumprimentos que está a cometer cunhas traballadoras que teñen xornadas reducidas con salarios precarios, que son a base principal do seu sustento diario.

    O responsable de Acción Sindical e Negociación Colectiva de CCOO do Hábitat de Galicia, Luís Rodas García, denuncia que situacións como estas non poden volver darse, e por iso, como segundo paso a levar a cabo despois de facer as pertinentes denuncias ante a Inspección de Traballo, nos próximos días interpoñerá un Recurso Administrativo ante o Tribunal de Contratación Pública para que esta empresa sexa penalizada e non volva concursar ante as administracións e así tentar evitar que empresas con dubidosa solvencia poidan seguir danando ás traballadoras e familias enteiras, condenándoas a pasar por serias situacións de pobreza económica por non poder cobrar os salarios polo traballo desempeñado.

    Enlaces relacionados
    Enlaces relacionados