CCOO del Hábitat | 28 marzo 2024.

Asinado o calendario laboral da Construción da Coruña para 2022

    CCOO do Hábitat de Galicia asina o calendario laboral da Construción da Coruña para o 2022, garantindo o goce de 6 pontes durante o ano

    29/10/2021.
    Asinado o calendario laboral da Construción da Coruña para 2022

    Asinado o calendario laboral da Construción da Coruña para 2022

    Durante a tarde deste pasado xoves, CCOO do Hábitat de Galicia xunto a UXT asinaron o Calendario laboral do sector da Construción da Coruña para o próximo ano, deixando sinalados no mesmo o goce da totalidade dos festivos de Convenio correspondentes ao exceso da xornada, para axustarse ás 1.736 horas anuais.

    Coa firma deste calendario, case 4.500 traballadores e traballadoras do sector van poder gozar 6 pontes que suman un total de 25 días de descanso, o que conleva poder descansar un mínimo de 4 días seguidos por cada ponche gozado.

    Quedan asinados no calendario os seguintes días festivos: 7 de xaneiro, 28 de febreiro, 1 de marzo, 16 de maio, 16 de agosto, 31 de outubro e 5, 7 e 9 de decembro.

    Así mesmo, tamén se acorda que no caso de que o Convenio Nacional de Construción pacte unha xornada diferente á establecida nesta firma, ambas as partes comprométense a adecuar este calendario laboral á xornada efectivamente pactada.