CCOO del Hábitat | 20 abril 2024.

CCOO do Hábitat de Galicia asina o primeiro Plan de Igualdade da Construtora Abeconsa

    No plan inclúense o 100% das medidas achegadas por CCOO do Hábitat de Galicia

    28/10/2021.
    CCOO do Hábitat de Galicia asina o primeiro Plan de Igualdade da Construtora Abeconsa

    CCOO do Hábitat de Galicia asina o primeiro Plan de Igualdade da Construtora Abeconsa

    A secretaria de Igualdade, Mocidade e LGTBI de CCOO do Hábitat de Galicia, Alba Camañez Fariñas valora moi positivamente a firma do plan, xa que inclúe todas as achegas feitas pola federación.

    Así mesmo Alba Camañez, resalta o enorme esforzo que se está realizando por parte de CCOO do Hábitat de Galicia, ao formar parte do 100% das comisións negociadoras dos Plans de Igualdade aos que se convoca á federación, “estamos a garantir a negociación real dos plans, e achegando unha gran batería de medidas que ata o de agora son ben recibidas polas empresas onde participamos”

    Desde CCOO do Hábitat de Galicia faise unha aposta firme polos Plans de Igualdade de calidade, fronte os plans de “curta e pega” que viñan facendo nas empresas sen Representación Legal dos Traballadores e Traballadoras (RLT).

    Alba Camañez Fariña anima á RLT de CCOO do Hábitat de Galicia nas distintas empresas, a formarse participando activamente nos cursos postos en marcha polo gabinete de igualdade do sindicato.