CCOO del Hábitat | 23 abril 2024.

CCOO do Hábitat de Galicia gaña as eleccións sindicais no SAF de Zas

    O persoal de Axuda o Fogar de Zas, confía por maioría en CCOO do Hábitat de Galicia, sendo o único sindicato que consegue presentar candidatura

    28/10/2021.
    CCOO do Hábitat de Galicia gaña as eleccións sindicais no SAF de Zas

    CCOO do Hábitat de Galicia gaña as eleccións sindicais no SAF de Zas

    Despois de máis de 3 meses de asembleas continuas co persoal, onde por parte das responsables de Axuda o Fogar do sindicato, Mari García e Belén González, trasladouse ás traballadoras a necesidade de ter Representación Legal das Traballadoras ( RLT) para facer valer o Convenio Colectivo e os dereitos que por sentenza xudicial conseguiu o Sindicato, como a xornada mínima de 25 horas, a subida anual do IPC, e un longo etc… froito do enorme traballo que CCOO do Hábitat leva facendo no sector de Atención Domiciliaria nos últimos anos, chegouse a obter a confianza do persoal.

    CCOO do Hábitat de Galicia leva máis de 50 impugnacións de concursos públicos. Un traballo que deu moi bos resultados, xa que a media das licitacións públicas pasou de ser de 13 euros/hora a 18 euros/hora. Esta subida ben de forzar á Xunta de Galicia a subir a súa achega de 9 euros/hora aos 11 euros/hora que anunciou Núñez Feijoo a semana pasada.

    Desde CCOO do Hábitat de Galicia damos o parabén á candidatura polo seu bo traballo e as grazas ás traballadoras polo seu apoio e participación.