CCOO del Hábitat | 25 abril 2024.

Non se puido asinar o calendario laboral do convenio da carpintaría da Coruña

    O calendario laboral deste ano 2021, que estaba pendente, non se puido asinar debido ao desacordo dun só sindicato

    14/09/2021.
    Non se puido asinar o calendario laboral do convenio da carpintaría da Coruña

    Non se puido asinar o calendario laboral do convenio da carpintaría da Coruña

    Durante a mañá deste venres tivo lugar a segunda xuntanza da comisión negociadora para o novo convenio de carpintaría da provincia da Coruña. Un dos obxectivos era asinar o calendario laboral para este ano 2021, que estaba pendente, pero non houbo acordo por decisión dun só sindicato.

    Segundo CCOO do Hábitat de Galicia, durante a negociación, a patronal do sector deu un «paso clave» para avanzar nas negociacións, polo que se comprometía a seguir mantendo o sistema vixente para a confección do calendario.

    Isto implica un calendario con xornada de luns a venres, pero sinalando só catro dos oito días de exceso de xornada, deixando os restantes catro a elección das empresas e persoal.

    Dada a altura do ano en que estamos, CCOO do Hábitat de Galicia propuxo —de maneira excepcional e para non retroceder en dereitos— que para os próximos meses se fixasen só cinco días, deixando os tres restantes a elección en cada centro de traballo.

    Malia a conformidade da patronal e dos sindicatos CCOO e UGT, a CIG decidiu desmarcase, polo que non foi posible asinar a proposta de calendario.

    Para CCOO do Hábitat de Galicia, o comportamento da CIG neste sentido é «temerario e irresponsable», xa que pon en perigo o asinamento do calendario laboral do 2021. Tamén é «incoherente» co que está a facer noutros sectores —como o da pedra e o mármore da provincia da Coruña, onde 6 días son de convenio e 3 a elixir— ou empresas —como Carpintería Ramón García, onde só 4 días son de convenio.

    CCOO do Hábitat Galicia continuará a defender o asinamento do calendario laboral, onde se propoñen como festivos os seguintes cinco días: 11 de outubro, 2 de novembro e 7, 24 e 31 de decembro de 2021.