CCOO del Hábitat | 28 marzo 2024.

Desconvocada a folga en Faurecia Interior Systems

    CCOO do Hábitat informa de que o pasado venres, 10 de setembro, desconvocouse definitivamente a folga en Faurecia Interior Systems, no Porriño

    14/09/2021.
    Desconvocada a folga en Faurecia Interior Systems

    Desconvocada a folga en Faurecia Interior Systems

    A decisión tomouse tras aceptar a empresa as reivindicacións do comité de folga, que se resumían nun plan industrial para a planta e no asinamento dos compromisos alcanzados durante a negociación do convenio

    Logo de se facer pública a convocatoria de folga, o 30 de agosto, a dirección de Faurecia no Porriño convocou os sindicatos para manifestar —de palabra— a súa disposición a cumprir o pactado no convenio.

    Como xesto de boa fe, os sindicatos suspenderon temporalmente a folga, sempre que as promesas se concretasen nos próximos días.

    O pasado 6 de setembro tivo lugar unha reunión ao máximo nivel coa dirección de Faurecia España e con representantes dos novos propietarios da planta —o fondo alemán Callista—. Segundo CCOO do Hábitat, os novos dirixentes

    comprometéronse a facilitar o plan industrial e a incorporar dúas persoas máis ao control de planta. Tamén garantiron que se cumprirán os acordos do convenio, vixente ata o ano 2023, incluído o mantemento do emprego.