CCOO del Hábitat | 25 abril 2024.

“Si crítico” ao convenio colectivo da limpeza de edificios da provincia da Coruña

    CCOO do Hábitat de Galicia expresa o seu “claro e merecido recoñecemento” ás traballadoras e traballadores “que ata o último momento apostaron por unhas mellores condicións laborais”

    09/09/2021.
    “Si crítico” ao convenio colectivo da limpeza de edificios da provincia da Coruña

    “Si crítico” ao convenio colectivo da limpeza de edificios da provincia da Coruña

    O persoal do sector de limpeza de edificios da provincia da Coruña ratificou nas asembleas desta semana o novo convenio colectivo.

    Con todo, foi un “si crítico”, apuntan desde CCOO do Hábitat de Galicia, pois un de cada catro traballadores e traballadoras apostaba por manter aberto o conflito ao xulgar “insuficientes” os avances.

    Por responsabilidade sindical e sectorial, CCOO do Hábitat de Galicia respecta e acata a decisión do persoal, xa que esta negociación comezou no marco dunha unidade de acción sindical.

    O novo convenio renuncia a subidas salariais no 2020 e fixa incrementos do 1,7% neste ano 2021, do 1,6 % en 2022 e novamente do 1,7 % en 2023. Así mesmo, terase en conta o IPC negativo do 2020 (-0,5 %) e, se a suma dos IPC reais do período 2020-2023 for superior aos incrementos pactados, aplicarase unha revisión desde o 1 de xaneiro do 2024.

    Por último, retírase o conflito colectivo para reclamar a cobranza íntegra do plus de transporte, dereito que non se poderá volver reclamar durante a vixencia do convenio

    Desde CCOO do Hábitat de Galicia móstrase un “claro e merecido recoñecemento” aos traballadores e traballadoras “que ata o último momento apostaron por unhas mellores condicións laborais” e animan a que se sigan implicando en futuras mobilizacións.