CCOO del Hábitat | 20 abril 2024.

O persoal do Servizo de Axuda no Fogar de Padrón aproba por unanimidade a proposta de CCOO para lograr melloras laborais

    A proposta de CCOO do Hábitat de Galicia está encamiñada a garantir o poder adquisitivo e poñer en valor o traballo dun sector esencial para a sociedade

    16/07/2021.
    O persoal do Servizo de Axuda no Fogar de Padrón aproba por unanimidade a proposta de CCOO para lograr melloras laborais

    O persoal do Servizo de Axuda no Fogar de Padrón aproba por unanimidade a proposta de CCOO para lograr melloras laborais

    O persoal do Servizo de Axuda no Fogar ( SAF) de Padrón aprobou por unanimidade a plataforma reivindicativa de CCOO do Hábitat de Galicia para lograr melloras tanto económicas como sociais. Desde o sindicato sinalan a importancia de seguir dignificando un servizo que durante a pandemia «demostrou ser esencial», pero que aínda padece unha «elevada» precariedade.

    Desde CCOO do Hábitat de Galicia sinalan que no sector, por culpa da precariedade, é cada vez máis difícil atopar persoal cualificado, polo que un paso «imprescindible» é a dignificación laboral que propón o sindicato.

    No caso de Padrón, xa houbo un primeiro avance o 30 e xullo do 2020, cando se asinou un acordo de melloras sociais que regulou cuestións como a distribución e goce das vacacións, a bolsa de horas ou o protocolo de ampliación de xornadas, novas contratacións e aumento horario para as xornadas parciais.

    Este achegamento foi de gran importancia para un sector moi feminizado —o 99% do persoal do SAF padronés intégrano mulleres— e nel abundan as xornadas parciais. Precisamente, o acordo do 2020 aumentou a xornada mínima de 25 a 30 horas semanais, o que se traduce nun aumento de máis de cen euros no salario basee mensual.

    Claves da proposta do sindicato

    O vindeiro xoves, 22 de xullo, haberá unha nova reunión con Ulla Sar, a empresa concesionaria do servizo de axuda no fogar, para tentar achegar posturas en base aos puntos recolleitos na plataforma reivindicativa de CCOO do Hábitat de Galicia, que acaba de aprobar o persoal por unanimidade.

    CCOO do Hábitat de Galicia propón reducir a xornada laboral anual, para facilitar o necesario descanso das traballadoras, ampliar as licenzas e días de libre disposición, ademais de fixar no calendario determinados días sinalados como os festivos retribuídos.

    En materia económica, CCOO do Hábitat de Galicia pretende garantir o poder adquisitivo a través dun incremento salarial revisable anualmente, acompañado doutras medidas económicas que «poñan en valor desempéño profesional neste servizo esencial e en todo o sector».