CCOO del Hábitat | 25 abril 2024.

Terceiro acto de conciliación sen acordo para os traballadores de Cándido Hermida despedidos

    “Non nos imos a quedar calados e sairemos ás rúas as veces que sexa preciso en defensa dos traballadores fronte aos abusos e a explotación”

    08/06/2021.
    Terceiro acto de conciliación sen acordo para os traballadores de Cándido Hermida despedidos

    Terceiro acto de conciliación sen acordo para os traballadores de Cándido Hermida despedidos

    Sen acordo no terceiro acto de conciliación ante o Servizo de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) para os 24 traballadores despedidos no grupo de empresa de Cándido Hermida, que conta entre a súa carteira de clientes co grupo Inditex.

    A de hoxe foi a terceira citación ante o SMAC que se pecha sen ningún tipo de acordo, pola evidente falta de vontade e a actitude que está a adoptar a empresa desde o inicio deste conflito laboral, que se remonta ao mes de abril cos despedimentos de 23 compañeiros e unha compañeira.

    'Ante todo os que está a ocorrer, todos estes despedimentos e recortes, o empeoramento das condicións de traballo, da saúde e seguridade na empresa, etc… non nos imos a quedar calados e sairemos ás rúas cantas veces sexa preciso en defensa dos nosos dereitos e do que é xusto, #ante unha empresa que obtivo grandes beneficios coa nosa suor', denuncia Alex Belo, responsable comarcal de CCOO do Hábitat.

    Por último, indicar que acudiremos novamente ao SMAC a próxima semana e faremos públicas ante a cidadanía as nosas demandas, como representantes sindicais de CCOO, CIG e UGT en defensa dos dereitos dos traballadores e da traballadora que foron despedidos.