CCOO del Hábitat | 28 marzo 2024.

As fregonas amarelas desafían a choiva e esixen en Santiago un convenio digno

    A pesar da desfavorable predición meteorolóxica, unha multitudinaria manifestación percorreu este mércores as rúas de Santiago de Compostela para esixir un convenio xusto no sector de limpeza de edificios da provincia da Coruña

    12/05/2021.
    As fregonas amarelas desafían a choiva e esixen en Santiago un convenio digno

    As fregonas amarelas desafían a choiva e esixen en Santiago un convenio digno

    Esta gran manifestación foi o acto central no terceiro día de folga convocada en menos de tres semanas.

    Na manifestación compostelá han participado traballadoras e traballadores procedentes de toda a provincia, que o día anterior habían protagonizado diferentes actos de protesta diante das patronais e dos principais centros comerciais. Despois continuaron cunha concentración diante do Centro Comercial As Cancelas, na capital galega.

    A marcha das fregonas amarelas comezou na avenida de Romero Donallo e, despois de percorrer varias rúas do centro santiagués, finalizou diante da sede da Xunta de Galicia, no complexo administrativo de San Caetano. Isto débese a que o Goberno galego «ten moito que dicir» para atopar unha solución a este longo conflito.

    Galería de imaxes da manifestación