CCOO del Hábitat | 20 abril 2024.

Celebrouse na Coruña o xuízo contra a concesionaria do SAF de Frades e Ordes

    Os xulgados da Coruña acolleron hoxe o xuízo contra Aralia Servizos, actual concesionaria do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) dos concellos de Frades e Ordes, demanda de conflito colectivo que partiu de CCOO de Construción e Servizos de Galicia

    25/03/2021.
    Celebrouse na Coruña o xuízo contra a concesionaria do SAF de Frades e Ordes

    Celebrouse na Coruña o xuízo contra a concesionaria do SAF de Frades e Ordes

    CCOO de Construción e Servizos de Galicia levaba meses denunciando diversos incumprimentos do convenio do sector por parte desta empresa, que prexudican ás 46 traballadoras que prestan o servizo.

    Segundo Ricardo Santos, secretario de Acción Sindical da CCOO de Construción e Servizos de Galicia, antes de chegar a xuízo, o sindicato realizou actuacións previas ante a Inspección de Traballo, así como «infrutuosas» reunións coa dirección da empresa.

    A pesar destas xestións, Aralia mantivo os incumprimentos, que foron «reiterados» no tempo, como así constatou a Inspección de Traballo nas súas actas sancionadoras.

    Irregularidades

    Entre outras cuestións, a empresa non respecta a xornada mínima de 25 horas para o persoal que non goza de xornada completa —24 no caso do persoal que traballa as fins de semana e os festivos—. Tampouco se cumpre o descanso mínimo semanal e hai «irregularidades» na confección das nóminas para non pagar o que estipula o convenio colectivo.

    O sindicato solicitará a rescisión do contrato

    Nas próximas semanas, CCOO de Construción e Servizos de Galicia solicitará ao Tribunal de Contratación Pública a rescisión do contrato a Aralia Servizos e a adxudicación a outra empresa, con subrogación das 46 traballadoras.