CCOO del Hábitat | 29 marzo 2024.

Folga do sector de Limpeza de Edificios e Locais da Coruña

    Os sindicatos con maior representación no sector, entre os que se atopa CCOO de Construción e Servizos de Galicia, convocan a folga, debido ao bloqueo da negociación do convenio

    30/11/-0001.
    Folga do sector de Limpeza de Edificios e Locais da Coruña

    Folga do sector de Limpeza de Edificios e Locais da Coruña

    Os sindicatos CCOO de Construción e Servizos de Galicia, UGT e CIG convocan tres xornadas de folga no sector da limpeza de edificios da provincia da Coruña.

    A folga rexistrouse hoxe mesmo #ante a autoridade laboral. O primeiro dos paros será de vinte e catro horas e terá lugar o día 22 de abril. O seguinte paro consistirá nun paro de corenta e oito horas os días 11 e 12 de maio.

    As representacións sindicais lembran que a limpeza é un «sector esencial», polo que o aviso previo/previo aviso debe ser de, polo menos, dez días, tempo que se cumpre dabondo ao rexistrarse hoxe mesmo a convocatoria, con case un mes de antelación.

    A convocatoria incumbe a todo o persoal de limpeza de edificios da provincia da Coruña, excepto nos casos en que exista un convenio propio de empresa ou de centro de traballo.

    As tres organizacións tomaron a decisión de ir á folga #ante o bloqueo que sofren as negociacións do convenio. Despois de sete meses de reunións para renovalo, as posicións continúan moi afastadas pola teima da patronal en querer conxelar os salarios, a pesar do aumento da carga de traballo pola aplicación dos protocolos Covid.

    As mobilizacións no sector comezaron xa en xaneiro, polo que son xa tres meses de mobilizacións, con diferentes accións diante das sedes das principais empresas, paralelas a denuncias na Inspección de Traballo por incumprimentos do convenio vixente.