CCOO del Hábitat | 20 abril 2024.

CCOO de Construción e Servizos de Galicia reuniuse co alcalde de Rianxo para tratar os pregos de contratación do Servizo de Axuda no Fogar

    Adolfo Muíños comprometeuse a que todo o persoal, 25 traballadoras, será subrogado no concurso público que se anunciará antes de finalizar o ano

    15/03/2021.
    CCOO de Construción e Servizos de Galicia reuniuse co alcalde de Rianxo para tratar os pregos de contratación do Servizo de Axuda no Fogar

    CCOO de Construción e Servizos de Galicia reuniuse co alcalde de Rianxo para tratar os pregos de contratación do Servizo de Axuda no Fogar

    CCOO de Construción e Servizos de Galicia reuniuse hoxe co alcalde de Rianxo para tratar os pregos de contratación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) deste concello.

    Na reunión Adolfo Muíños se ha comprometeu a que todo o persoal, 25 traballadoras, será subrogado no concurso público que se anunciará antes de finalizar o ano.

    Desde CCOO de Construción e Servizos de Galicia expuxéronse os criterios sobre as principais cuestións económicas e sociais que debería tratar a licitación, especialmente no que incumbe ao valor por hora de traballo realizado.

    Neste sentido, Muíños explicou que un dos problemas que teñen os concellos do tamaño do de Rianxo é a exigua achega económica da Xunta, que é de 9,7 euros/hora.

    Para CCOO, é unha cifra «escasa», xa que o valor mínimo para garantir que se cumpran as condicións laborais que determina o convenio é de 18,5.

    O rexedor rianxeiro apuntou que están en conversacións coa Deputación da Coruña para que a institución provincial poida axudar a cubrir o importe restante, dadas as limitacións orzamentarias do municipio.

    CCOO de Construción e Servizos de Galicia seguirá en contacto coas diferentes administracións para garantir un valor hora «xusto» que garanta unhas condicións «dignas» para as traballadoras do SAF.

    Por último, CCOO de Construción e Servizos de Galicia agradece ao alcalde de Rianxo a boa disposición mostrada na reunión e espera que outros concellos sigan o exemplo e acepten reunirse connosco antes da elaboración dos pregos de contratación.

    Segundo o sindicato «se todos os concellos reunísense connosco, poderíanse evitar en boa medida litixios posteriores», e apunta o caso do conflito que xurdiu o ano pasado co SAF de Santiago de Compostela, cuxa tramitación paralizou o Tribunal de Contratación Pública tras a denuncia formulada por Comisións Obreiras.