CCOO del Hábitat | 23 abril 2024.

Traballadores e traballadoras do sector de Derivados do Cemento na Coruña cobran case 1.000€ en concepto de atrasos

    Grazas á subida salarial asinada por CCOO de Construción e Servizos de Galicia, o Sector aplicará unha subida do 1,5% nas táboas, o que conlevará abonar na nómina de marzo entre 624´78 € e 969´88 € a cada traballador ou traballadora segundo a súa categoría profesional

    13/03/2021.
    Traballadores e traballadoras do sector de Derivados do Cemento na Coruña cobran case 1.000€ en concepto de atrasos

    Traballadores e traballadoras do sector de Derivados do Cemento na Coruña cobran case 1.000€ en concepto de atrasos

    O pasado día 10 de marzo (día da Clase Obreira), os traballadores e traballadoras do sector de Derivados do Cemento tiveron a súa recompensa polo traballo desempeñado, e nada mellor que a publicación e actualización das táboas salariais cun incremento do 1,5% grazas a revisión salarial recollida no Convenio asinado por CCOO de Construción e Servizos de Galicia, UXT e Asfadece para os anos 2017-2020.

    A pesar de ter que esperar máis tempo do habitual para a súa publicación, dada a actual situación de colapso que padece a administración por motivo da situación do Covid-19, os traballadores e traballadoras do sector van seguir aumentando o seu poder adquisitivo ano tras ano grazas á firma dun Convenio garantista en dereitos e incrementos salariais por encima do IPC.

    Ademais, con esta firma e publicación, os traballadores e traballadoras do sector terán dereito á cobranza dos atrasos xerados desde o 2019, tendo que cobrar as seguintes contías na nómina de marzo xunto ao salario devindicado:

    Atrasos xerados derivados do cemento A Coruña